Saltar ao contido

Josh Hart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosh Hart

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Silver Spring, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSidwell Friends School (en) Traducir
Universidade Villanova (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porUtah Jazz, 30º (2017) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Los Angeles Lakers
2013-2017 Villanova Wildcats men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: joshhart Editar o valor en Wikidata

Josh Hart, nado o 6 de marzo de 1995 en Silver Spring, Maryland, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 22 de xuño de 2017, Hart foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto á 42ª elección do Draft Thomas Bryant, a cambio da 28ª elección, Tony Bradley.[1] O 3 de xullo de 2017, Hart asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2]

O 6 de xullo de 2019, Hart foi traspasado xunto a Lonzo Ball, Brandon Ingram, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[3]

O 8 de febreiro de 2022, Hart foi traspasado xunto a Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[4]

O 9 de febreiro de 2023, os Blazers traspasaron a Hart ós New York Knicks, nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers e os Charlotte Hornets.[5] O 11 de febreiro de 2023, Hart debutou cos Knicks, facendo 11 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias na vitoria por 126–120 contra os Utah Jazz.[6]

  1. "Lakers Acquire Josh Hart, Thomas Bryant in Trade with Utah". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  2. "Lakers Sign Ball, Kuzma and Hart". NBA.com. 3 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  3. "Lakers Acquire Anthony Davis" (Nota de prensa). Los Angeles Lakers. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "TRail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022. 
  5. "New York Knicks Acquire Josh Hart". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. 
  6. "Josh Hart everywhere in debut as Knicks beat Jazz 126-120". amny.com. 12 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]