John Bartlett
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1820 Plymouth, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 3 de decembro de 1905 (85 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | editor , editor literario , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Pais | William Bartlett (en) e Susan Bartlett (en) |
Premios | |
John Bartlett, nado en Plymouth (Massachusetts) en 1820 e finado en 1905, foi un escritor e editor norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un neno esperto, que comezou a ler aos tres anos, e con nove leu toda a Biblia. Cando tiña dezaseis anos marchou a Cambridge (Massachusetts) e traballou na librería que fornecía a Harvard. En 1849 adquiriu a librería. Coñecido pola súa memoria para as citas, comezou a recollelas e en 1855 publicou a primeira edición de Familiar Quotations, que nas súas 258 páxinas tiña entradas de 169 autores, aínda que a terceira parte formábana citas da Biblia e das obras de William Shakespeare.
En 1862 vendeu a librería e durante a guerra civil americana serviu na U.S. Navy. En 1863 entrou na editorial Little, Brown and Company, e nese ano apareceu a cuarta edición do seu libro de citas por esa editorial, que segue a publicala e revisala actualmente.
Bartllet tamén escribiu libros de xadrez e pesca e compilou un libro de concordancias de Shakespeare, Complete Concordance to Shakespeare's Dramatic Works and Poems (1894), que aínda é o libro estándar da súa clase.