Illa Mono
Illa Mono | |
---|---|
Localización das Illas do Tesouro (Treasury Islands) | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Occidental |
Arquipélago | Illas Treasury |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°21′S 155°34′L / -7.350, -155.567 |
Xeografía | |
Superficie | 96 km² |
Longura máxima | 16 |
Largura máxima | 7,5 |
Punto máis alto | 355 m |
Demografía | |
Capital | Falamae |
Densidade | hab./km² hab./km² |
A illa Mono é unha illa volcánica no noroeste das Illas Salomón. Está separado polo estreito de Blanche Harbour da Illa Stirling e das outras illas de coral que o rodean. O pobo de Falamai é o principal núcleo de poboación da illa. A illa está bordeada por cantís de pedra calcaria de máis de vinte metros de altura. A illa ten ao redor de 1800 habitantes.
O terremoto do 1 de abril de 2007 e o tsunami tralo terremoto causou danos considerables en Mono. Cinco casas e todos os edificios escolares colapsaron e catro persoas foron reportadas como desaparecidas.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial as tropas xaponesas ocuparon Mono durante a súa invasión das illas Salomón. O 27 de outubro de 1943, tropas da Mariña dos Estados Unidos e de Nova Zelandia aterraron en dous lugares: en Falamai (lugar da base xaponesa da illa) no sur, e en Purple Beach en Soanotalu no norte. O 7 de novembro a illa estaba baixo control aliado. Doce estadounidenses e corenta neozelandeses morreron durante a campaña. Para os neozelandeses, foi a primeira operación anfibia desde Gallipoli.
A Illa Stirling converteuse nunha enorme pista de aterraxe dos aliados, que foi abandonado logo do termo da guerra.
Turismo
[editar | editar a fonte]a Illa Mono é un paraíso para o mergullo e é de cando en vez un porto de escala para os buques de cruceiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Mono |