Henrique VI de Inglaterra
Nome orixinal | (en) Henry VI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de decembro de 1421 Castelo de Windsor |
Morte | 21 de maio de 1471 (49 anos) Torre de Londres |
Lugar de sepultura | capela de San Xurxo |
Señor de Irlanda | |
3 de outubro de 1470 – 4 de abril de 1471 | |
Monarca de Inglaterra | |
3 de outubro de 1470 – 4 de abril de 1471 ← Eduardo IV de Inglaterra – Eduardo IV de Inglaterra → | |
Señor de Irlanda | |
31 de agosto de 1422 – 4 de marzo de 1461 | |
Monarca de Inglaterra | |
31 de agosto de 1422 – 4 de marzo de 1461 ← Henrique V de Inglaterra – Eduardo IV de Inglaterra → | |
Duque de Aquitania | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político , monarca |
Outro | |
Título | Duque Monarca de Inglaterra |
Familia | Casa de Lancaster |
Cónxuxe | Margarida de Anjou (1445 (Gregoriano), 1445 (Gregoriano)–) |
Fillos | Eduardo de Westminster (pt) |
Pais | Henrique V de Inglaterra e Catarina de Valois (pt) |
Irmáns | Edmund Tudor, 1st Earl of Richmond e Jasper Tudor |
Premios | |
Henrique VI de Inglaterra, nado no Castelo de Windsor en Berkshire o 6 de decembro de 1421 e finado na Torre de Londres o 21 de maio de 1471, foi Rei de Inglaterra entre 1422 a 1461 (aínda que coma rexente até 1437). Era o único fillo de Henrique V e de Catarina de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao morrer o seu pai o 31 de agosto de 1422, toma o trono con só oito meses de idade, polo que un consello privado, encabezado polos seus tíos, pero dependente do Parlamento, gobernou o país até a súa maioría de idade no 1442.
Foi rei do trono de Francia dende 1422, consonte ao estipulado no Tratado de Troyes, pero despois da intervención de Xoana de Arco, Inglaterra perdeu todas as posesións francesas, excepto Calais.
A súa impopularidade aumentou despois de casar o 23 de abril de 1445 con Margarida de Anjou, filla de Renato o Bo, duque de Anjou e de Lorena, a cal exerceu un desafortunado influxo no ánimo do seu home. Deste matrimonio naceu un único fillo:
- Eduardo - nado no palacio de Westminster o 13 de outubro de 1453 e morto aforcado polos iorkistas trala batalla de Tewkesbury o 4 de maio de 1471, príncipe de Gales; casado con Ana Neville (nada no 1456 e finada no 1485), a cal casou posteriormente con Ricardo III.
Durante os anos que precederon a maioría de idade de Henrique VI, as grandes familias enfrontáronse entre si para conquistaren o poder, e en 1455 estalaron as chamadas guerras das Dúas Rosas, xustificándose nos ataques de tolemia que padecía o rei dende 1453 (posible herdanza do seu avó materno, o rei Carlos VI de Francia) e aos intentos da raíña Margarida de exercer a rexencia, que consideraban como unha intrusa no ámbito inglés.
Perseguido no noroeste do país, onde se refuxiara, Henrique VI foi destronado no 1461. Restaurado por Warwick e a raíña Margarida no 1470, foi vencido pouco despois e encarcerado na Torre de Londres, onde foi asasinado en maio de 1471, á vez que o seu fillo era aforcado polos partidarios dos York no campo de Tewkesbury, co cal se extinguía a dinastía dos Lancaster, gobernante en Inglaterra dende 1399.
Predecesor: Henrique V de Inglaterra |
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda 1422 - 1461 e 1470 - 1471 |
Sucesor: Eduardo IV de Inglaterra |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henrique VI de Inglaterra |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |