Artemis Chasma
Aparencia
Artemis Chasma | |
---|---|
Imaxe da depresión semi-circular de Artemis Chasma. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Chasma |
Accidente xeolóxico de | Venus |
Diámetro | 2.600 km [1] 2.100 km [2] |
Profundidade | 2,5 km [2] |
Coordenadas | 35° S 135° E[1] (coor. da Corona) |
Procedencia do nome | deusa grega da lúa, outeiros, da caza, da virxindade.[1] |
Artemis Chasma é unha gran fractura de forma semicircular da superficie do planeta Venus, que engloba boa parte da Artemis Corona, da que forma parte e a cal está asociada, de feito boa parte da marxe ou bordo da Corona está formado pola depresión da Chasma. A depresión ten unha media de 120 km de ancho, que baixa formando numerosos chanzos e fracturas concéntricas, que gardan a forma circular do conxunto da depresión; a depresión acada medias de 2,5 km de profundidade, respecto das cristas do bordo da Chasma.
Recibe o nome en honra a deusa grega da caza, da lúa, dos bosques, da virxindade (é un longo ecetera).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names:Corona, coronae: Artemis Corona on Venus". Arquivado dende o orixinal o 14-12-2012. Consultado o 20-01-2012.
- ↑ 2,0 2,1 NASA/JPL. "PIA00101: Artemis Corona (C2-MIDR)". Consultado o 20-01-2012.