Megapodius
Megapodius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parella de Megapodius reinwardt en Queensland, Australia | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Megapodius é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da familia dos megapodíidos.
Características
[editar | editar a fonte]Son aves de tamaño mediano e corpo repoludo, con cabezas pequenas e patas grandes (ao que alude o nome do xénero). Unha das súas características máis salientábeis é que non incuban os ovos coa calor do seu corpo, como é habitual nas aves, se non que os enterran, laboir na que colaboran os machos, construíndo un enorme montículo de vexetación en descomposición para regular a calor interno meentrs que os ovos non eclosionan, polo que se coñecen en inglés como mound-builders (construtores de montículos).
Distribución
[editar | editar a fonte]Encóntranse na rexión Indo-Pacifica, desde o sueste asiático (illas Nicobar, Filipinas, Indonesia), o norte de Australia até moitas illas do oeste do océano Pacífico (Nova Guinea, Bismarck, Vanuatu, Salomón, Palau, Guam, Marianas do Norte).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1823 polo naturalista francés Joseph Paul Gaimard.[1] no seu traballo Ferussac's Bull. General Universel Annonces Nouvelles Sci. Paris 2: 450.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome Megapodius está formado polos elementos do latín científico mega- e -podius. O primeiro deriva do grego antigo μέγας mégas, 'grande'; e o segundo é unha latinización do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pata de animal'.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]No xénero recoñécense trece especies viventes:[1]
- Megapodius bernsteinii Schlegel, 1866
- Megapodius cumingii Dillwyn, 1853
- Megapodius decollatus Oustalet, 1878
- Megapodius eremita Hartlaub, 1868
- Megapodius forstenii G. R. Gray, 1847
- Megapodius freycinet Gaimard, 1823
- Megapodius geelvinkianus A. B. Meyer, 1874
- Megapodius laperouse Gaimard, 1823
- Megapodius layardi Tristram, 1879
- Megapodius nicobariensis Blyth, 1846
- Megapodius pritchardii G. R. Gray, 1864
- Megapodius reinwardt Dumont, 1823
- Megapodius tenimberensis P. L. Sclater, 1883
Ademais coñecense dúas especies fósiles:
- † Megapodius amissus
- † Megapodius molistructor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Megapodius Gaimard, 1823 no ITIS,
- ↑ Wikispecies.
- ↑ Megapodius no Merriam-Webster Unabrigeg Dictionyary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megapodius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Megapodius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
- del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Megapodius na ADW.
- Megapodius Gaimard 1823 na EOL.
- Gill, F. & Donsker, D. eds., (2019): Megapodes. Family Megapodiidae. IOC World Bird List (Versión 9.1).