Armond Hill
Armond G. Hill, nado o 31 de marzo de 1953 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador asistente de Doc Rivers nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1953 (71 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Princeton Bishop Ford Central Catholic High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 190 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista , adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1976 - 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Atlanta Hawks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria deportiva
editarProfesional
editarTras graduarse no Bishop Ford Central Catholic High School en Brooklyn, Hill foi á Universidade de Princeton, onde xogou para o adestrador Pete Carril. Foi nomeado Xogador do Ano da Ivy League en 1976, e entrou no Draft da NBA. Foi elixido polos Atlanta Hawks, e tivo unha sólida carreira na NBA, acadando 6.9 puntos e 4.3 asistencias por partido nas oito tempadas que xogou na liga. Hill xogou para os Atlanta Hawks, Seattle SuperSonics, San Diego Clippers e Milwaukee Bucks.
Adestrador
editarTras a súa etapa coma xogador, Hill converteuse en adestrador asistente na Lawrenceville School en Lawrenceville, Nova Jersey. Tres anos despois foi ascendido a adestrador principal. Gañou dous galardóns ó mellor adestrador do ano e en 1990, liderou a Lawrenceville ó campionato escolar de New Jersey State.
En 1991, Hill entrou no nivel universitario para volver a Princeton, onde foi asistente do seu antigo adestrador Pete Carril. En 1995, sucedeu a Jack Rohan coma adestrador principal da Universidade de Columbia. En oito tempadas coma adestrador dos Lions, Hill foi incapaz de rematar unha tempada cun récord de vitorias positivas, e rematou cunha marca de 72-141. O 10 de marzo de 2003, dous días despois de que Columbia rematara cun récord de 2-25, a peor tempada da universidade en 103 anos de historia, Hill foi despedido.
Durante a tempada 2003-04 da NBA, Hill converteuse en asistente de Terry Stotts nos Atlanta Hawks. Tras unha tempada en Atlanta, foi contratado polos Celtics para ser asistente de Doc Rivers.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas da súa carreira como xogador Arquivado 23 de novembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía na web dos Boston Celtics (en inglés)